InicioMOV. SOCIAISMáis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Máis de 300 Bombeiros de 24 parques comarcais Comarcais (dos 439 que hai de toda Galicia) manifestáronse esta mañá de venres 27 de novembro na Coruña. Fixérono ante unha enorme atención mediática, e unha monumental despregadura policial, provocada polos altercados vividos a semana pasada en Ourense. De feito, 17 “grilleras” e máis de 150 Policías Nacionais impediron o acceso aos manifestantes ao edificio da Deputación da Coruña (responsable do Consorcio provincial) e mesmo identificaron un a un, vía DNI, a cada bombeiro. Ata o “confeti” lle confiscaron aos manifestantes antes de acceder á zona que hai entre o edificio de Correos e o Palexco.

”Non somos delincuentes”, denunciaban os profesionais da loita contra incendios ante o rodeo policía, ao tempo que facían chamamento ás administracións implicadas, Xunta e deputacións provinciais, a negociar.

17 “grilleras” da Policía acordoaron o pazo provincial

Ante a estraña mirada da familia das industrias culturais que accedían ao Womex, os Bombeiros manifestaron alto e claro as demandas que levan esixindo durante anos, acentuadas estes últimos meses de continuas mobilizacións. Na manifesto lido polo presidente do comité de folga, Anxo Moldes, recollían demandas tan básicas como a necesidade de máis persoal (son 439 bombeiros comarcas para 300 concellos, “unha cifra insultante e rudícula”); máis medios (tanto a roupa como os camións como o diverso material que utilizan a diario está obsoleto); e unha subida salarial (“cobramos 1.200€ por xogar á ruleta rusa durante 40 horas, enterias, á semana”).

Para aunar todas estas demandas, ademais de pluses de festividade, nocturnidade, turnicidade, perigosidade, toxicidade… que a día de hoxe non teñen contemplados nos seus contratos, piden asinar un convenio colectivo a nivel autonómico, unificado para todas as provincias segundo a súa profesión; coa fixeza do emprego como un dos puntos principais dacordo coa doutrina do Tribunal Supremo de xaneiro de 2022.

”A miseria mata a vocación”, denunciaron no manifesto. “Bombeiros pobres, nunca máis”, berraron ao unísono ao remate do mesmo.

Lembraron que estiveron máis de dúas décadas traballando para empresas privadas, que foron subrrogados arrebatándoselles a fixerza dos contratos, e perdendo condicións laborais ao pasar a mans do Consorcio provincial. Agora, levan arredor varios meses en folga, pero a única medida de presión realizada ata estas manifestacións foi non facer horas extras. Porén, as consecuencias son que os parques de Bombeiros fichan pechados unha e outra vez por falta de persoal (hoxe tocou por exemplo ao de Cee por non ter nin sequera 3 proflesionais, deixando desamparada a zona da Costa da Morte), de aí as continuas denuncias pola mala xestión do Consorcio.

BOmbeiros de Galicia manifestandose na Coruna 2

Ao remate do acto, os Bombeiros recibían a invitación do pazo provicinal para manter unha reunión cunha delegación. “Que saian fóra eses cobardes”, respondían fortemente antes de sacar os cascos e petar no chan a modo de símbolo, e de volver ao Obelisco, onde se concentraron tamén ao principio.

BOmbeiros de Galicia manifestandose na Coruna 3

 

ÚLTIMAS

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

Recrease un ataque terrorista a un barco na Coruña

A Armada realizou, este venres no porto da Coruña, o exercicio de seguridade marítima Marsec,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here